Concello da Coruña

Concello da Coruña

A Coruña42: Percorrido

A saída ás 08:00h. estará situada na Mariña e a meta na Praza de María Pita .

Un circuíto de 42.195 metros, homologado pola Real Federación Española de Atletismo (R.F.E.A).

O circuíto estará completamente pechado ao tráfico e acoutado con valos e outros elementos delimitadores naqueles tramos nos que non exista unha diferenciación natural polo mobiliario urbano.

Os únicos vehículos que poderán seguir a proba serán os designados pola Organización.

As carreiras terán lugar unicamente pola calzada do tráfico rodado, sen utilizar ningunha zona peonil que non estea sinalizada. Está prohibido o uso como zona de carreira das beirarrúas, sebes centrais, zonas axardinadas, etc. O incumprimento desta norma, así como o recortar sobre o trazado oficial, poderá supoñer a descualificación do infractor.

Poñemos á súa disposición, en formato pdf, o plano do circuíto e descrición do percorrido da Maratón C42 e da carreira popular 10K da C42.

Peche do control de carreira

O peche da proba de Maratón realizarase ás 13:30 horas (5 horas e media despois da súa saída). Así mesmo, establecerase un tempo de 2 horas e 45 minutos para o paso polo Medio Maratón. Pasado o tempo de peche correspondente tanto para o Medio Maratón como para o Maratón, a persoa participante que siga en carreira deberá retirarse do circuíto oficial de competición.

O peche da proba da carreira 10K realizarase ás 09:45 (1 hora e media despois da súa saída).

Control técnico das carreiras

As carreiras estarán controladas polo Comité Nacional de Xuíces da RFEA e o Comité Galego de Xuíces da FGA.

Outros contidos relacionados

  • Plano circuíto Coruña42 (3 MB)
  • Plano circuíto 10K (3 MB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión