Concello da Coruña

Concello da Coruña

A Coruña42 10 km

INSCRICIÓN

Cota:

  • Prazo ordinario: ata o domingo 18 de setembro: 6 €
  • Prazo extraordinario: desde o luns 19 ata o domingo 25 de setembro: 15 €

Inscrición:

a) A través da pasarela de pagamento inserida na páxina web da Federación Galega de Atletismo www.carreirasgalegas.com. Estará operativa desde a publicación deste regulamento, ata as 23.59 horas do 25 de setembro de 2022.

b) Inscrición presencial: Informarase proximamente.

SAÍDA

A carreira de 10 km. compartirá percorrido co Maratón e efectuará a súa saída a as 08.15 h e o control pecharase ás 09.45 h. (pode descargar o percorrido en PDF no documento adxunto ao pé da páxina)

CATEGORÍAS

Categoría Ano de nacemento
Sub-20 Nados/as en ano 2003 e 2004
Sub 23 Nados/as en ano 2000, 2001 e 2002
Sénior Nados/as desde 1999 ata a categoría Máster
Máster 1 de 35 a 40 anos cumpridos no día da proba
Máster 2 de 41 a 44 anos cumpridos no día da proba
Máster 3 de 45 a 49 anos cumpridos no día da proba
Máster 4 de 50 a 54 anos cumpridos no día da proba
Máster 5 de 55 a 59 anos cumpridos no día da proba
Máster 6 de 60 a 64 anos cumpridos no día da proba
Máster 7 A partir de 65 anos cumpridos no día da proba
Atletas con discapacidade* Nados/as en 2004 e anos anteriores

*Atletas con discapacidade: establécense tres categorías para atletas con discapacidade:

A) Atletas en cadeira de rodas que non teñan mecanismos nin engrenaxes que axuden á impulsión das mesmas. Tan só está permitido o impulso cos brazos sobre o aro adherido á roda. Non se permite handbike.

B) Persoas con discapacidade visual

C) Persoas con discapacidade intelectual

No momento da inscrición deben comunicar esta circunstancia á organización. Para acreditar a pertenza a algunha destas categorías hai que enviar copia da tarxeta acreditativa da discapacidade á organización, de forma que quede acreditado o envío, ao correo electrónico secretaria@atletismo.gal.

As persoas participantes con discapacidade visual ou intelectual farán constar os apoios que necesitan para participar na carreira nas mellores condicións posibles. Permitirase un máximo de 1 guía para os e as atletas con discapacidade visual. O uso de guías ou, no caso de participantes con discapacidade intelectual de atletas de apoio, debe comunicárselle con antelación á Federación Galega de Atletismo.

A participación das persoas guías e das persoas de apoio, que irán sen chip, será de balde, para o que deberán contactar coa organización a través do correo electrónico secretaria@atletismo.gal.

Para optar a trofeo na categoría de atletas con discapacidade é necesario inscribirse nesa categoría

AVITUALLAMENTO

Instalarase un posto de avituallamento líquido aproximadamente no km. 5, e tamén ao pasar a liña de meta.

CLASIFICACIÓNS

Realizaranse as seguintes clasificacións na carreira de 10 quilómetros:

  • Clasificación Xeral Absoluta
  • Clasificación por Categorías Masculina e Feminina

ENTREGA DE TROFEOS

Informarase do horario da entrega de trofeos a través da web oficial da organización.

Farase entrega de trofeo ás tres primeiras persoas clasificadas de cada unha das categorías indicadas no artigo 25. Ademais das 3 primeiras persoas clasificadas con nacionalidade española, galego/a e coruñés/a. Os trofeos son acumulativos.

Os/as atletas deberán situarse na zona próxima á entrega de trofeos no momento no que pola megafonía se faga o anuncio do seu comezo, así como estar pendentes da chamada a cada unha das categorías.

Con carácter xeral, os/as atletas que non se presenten á recollida do seu trofeo no momento da entrega, perderán o dereito para recollelo. Poderán subir ao podio só e exclusivamente as persoas nomeadas. Non se lle entregará o trofeo a ninguén que non sexa o/a propio/a atleta.

Agradecémoslles ás persoas responsables dos clubs que teñan constancia de que o/a atleta non está presente que o comuniquen na zona do palco de entrega de premios canto antes para evitar agardas innecesarias.

Aquelas persoas que poidan alegar unha causa xustificada pola súa ausencia no momento da entrega deberanse poñer en contacto co Servizo Municipal de Deportes durante un prazo máximo de 15 días, onde se custodiarán os trofeos non recollidos. Se non se recollen no prazo sinalado, entenderase que renuncian a el.

Outros contidos relacionados

  • Plano circuíto 10K (3 MB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión