Os participantes poderán formalizar a súa inscrición:
Inscrición en liña: A través da pasarela de pago inserida na páxina en liña da Federación Galega de Atletismo www.carreirasgalegas.com. Estará operativa ata as 23:59 horas do 6 de febreiro de 2022.
Cota e prazos de inscrición:
Inscrición presencial:
Poderá realizar a inscrición presencial para o Media Maratón C21, cubrindo a folla de inscrición e abonando a correspondente cota.
LOCALIZACIÓN CENTROS O CORTE INGLÉS | LOCALIDADE | ||
Ramón e Cajal | Departamento de Deportes (5ª planta) | Ramón e Cajal, 57 e 59 | A Coruña |
Compostela | Departamento de Deportes | Rúa do Restollal, 50 15702 Santiago de Compostela | Santiago de Compostela |
Vigo | Departamento de Deportes | C/ Gran Vía, 28 Vigo. Pontevedra | Vigo (Pontevedra) |
Bonificacións: 50 % para maiores de 65 anos, acodes posuidores do carné novo e persoas desempregadas. O prazo para o envío de documentos por correo electrónico finaliza ás 23:59 horas do 30 de xaneiro de 2022, coincidindo coa finalización do prazo ordinario de inscrición. Para acreditar estas circunstancias é suficiente cunha declaración responsable, que se entenderá realizada no momento que se marque a opción "solicito bonificación", no formulario de inscrición en liña ou na folla de inscrición presencial; e enviar os documentos que se detallan a continuación, á Federación Galega de Atletismo mediante un correo electrónico á seguinte dirección: info@carreirasgalegas.com
Inscrición gratuíta: Todas aquelas persoas que se inscriban e finalicen a C21 en 2022 e C10 en 2022, terán dereito á inscrición gratuíta na Maratón Atlántica C42 de 2022 ou á carreira 10K que se celebrarán o 2 de outubro de 2022.
Devolución parcial da cota de inscrición
Só se devolverá a tarifa de inscrición en caso de lesión e /ou enfermidade, se se presenta un informe médico, antes do día en que se realice a proba, na Federación Galega de Atletismo (Avenida de Glasgow, 13 - Edificio Federacións. 15008, A Coruña / info@carreirasgalegas.com).
O importe da devolución virá determinado pola data de presentación do informe médico:
Se non se envía o informe mencionado anteriormente, non se realizará ningún reembolso. Para outros casos xustificados, a organización avaliará se se devolve a cota.
Outros contidos relacionados
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible