Concello da Coruña

Concello da Coruña

O Concello da Coruña e a Federación Galega de Atletismo organizan o próximo 3 de outubro de 2021 na Coruña a XV Carreira Popular Coruña10. A proba, incluída no Calendario Oficial de competicións da FGA e da RFEA, disputarase a través dun circuíto urbano homologado pola RFEA.

A saída da proba terá lugar ás 09:00 horas.

A saída e meta estarán no contorno da Av. de Montoto e do paseo da Dársena. Haberá unha zona de pre-saída no Paseo do Parrote.

ENTREGA DE DORSAIS

A entrega de dorsais realizarase o venres e sábado previos á proba, no Corte Inglés da Coruña (Rúa Ramón e Cajal, 57 e 59) e excepcionalmente o día da competición.

  • Venres día 1 de outubro de 17:00 a 22:00 horas.
  • Sábado día 2 de outubro de 10:00 a 21:30 horas.

Excepcionalmente o 3 de outubro, ata 30 minutos antes da pre-saída asignada para cada participante

Cada participante na retirada do dorsal, deberá achegar un certificado dunha proba PCR ou de antígenos negativa CERTIFICADA por farmacia ou servizo médico cun máximo de 72 h antes do inicio da proba, sendo validos aqueles certificados coa data do xoves 30 de setembro, venres 1 de outubro, sábado 2 de outubro ou o domingo 3 de outubro.

É imprescindible que devandito certificado sexa entregado xunto coa declaración responsable para recibir o dorsal de carreira. Sen a devandito documentación o dorsal non será entregado e a participación na carreira non será posible.

Unha mesma persoa poderá recoller varios dorsais, sempre que conte coa autorización dos atletas e entregando as declaracións responsables e mostrando o certificados negativos dunha proba PCR ou de antígenos

HORARIO DE DISTRIBUCIÓN DAS SAÍDAS

DorsaisHora Pre-saídaHora Saída
Serie 10100 a 01998:509:00
Serie 20200 a 02999:009:10
Serie 30300 a 03999:109:20
Serie 40400 a 04999:209:30
Serie 50500 a 05999:309:40
Serie 60600 a 06999:409:50
Serie 70700 a 07999:5010:00
Serie 80800 a 089910:0010:10
Serie 90900 a 099910:1010:20
Serie 101000 a 109910:2010:30
Serie 111100 a 119910:3010:40
Serie 121200 a 129910:4010:50
Serie 131300 a 139910:5011:00
Serie 141400 a 149911:0011:10
Serie Elite0001 a 009912:0512:15

Outros contidos relacionados

  • Regulamento Xeral Coruña10 (681 KB)
  • Regulamento Xeral Coruña10 (189 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión