Concello da Coruña

Concello da Coruña

Inscricións

Nesta edición e atendendo ás limitacións que establece o Protocolo de prevención COVID-19, fixarase un límite de 1.000 persoas participantes.

Desde o luns 6 de setembro abrirase un novo prazo con outras 400 prazas.

Os atletas poderá realizar as inscricións da seguinte forma:

  • Inscrición En liña: A través da pasarela de pago inserida na páxina web da Federación Galega de Atletismo. Estará operativa desde a publicación deste regulamento ata as 23:59 horas do 23 de setembro de 2021.
    • Cota e prazos de inscrición:
      • Prazo reducido: ata o 19 de setembro: 6
      • Prazo ordinario: ata o 23 de setembro: 10

Por razóns organizativas de recursos técnicos e humanos, así como pola calidade do servizo, é aconsellable que as persoas participantes formalicen a súa inscrición dentro dos prazos indicados.

Con todo, ábrese un prazo extraordinario de inscrición desde o 24 de setembro ata as 23.59 horas do día 26 de setembro, cunha cota de 20 €.

Ás persoas que se inscriban no prazo extraordinario non se lles garantirá a entrega dunha camiseta debido a que a produción das mesmas debe facerse con antelación suficiente.

A organización non aceptará ningún tipo de inscrición posterior a este prazo.

  • Inscrición para premiados/as de Coruña Corre: para os/as corredores/as que finalizaron as 9 carreiras na edición 2018/2019 do circuíto de carreiras Populares Coruña Corre, a inscrición será gratuíta.

Entrega de dorsais e camisetas

Informarase as persoas inscritas da hora de recollida de dorsais e camisetas. Entregaranse o venres e sábado previos á proba, no Corte Inglés da Coruña (Rúa Ramón e Cajal, 57 e 59) e excepcionalmente o día da competición.

A organización non pode garantir a talla, xa que o pedido de camisetas realízase con anterioridade ao peche de inscricións.

Para a recollida do dorsal e a camiseta é imprescindible a entrega da declaración responsable da COVID-19 do/da participante que figurará no formulario de inscrición. En caso de non ser presentada, o dorsal non se entregará.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión