Concello da Coruña

Concello da Coruña
masculino e femininoano de nacemento
Sub20Nados/as en 2002 e 2003
Sub 23Nacidos en 1999, 2000 e 2001
SéniorNados/as desde 1998 ata veteranos
Máster 135 a 39 anos cumpridos no dia da proba
Máster 240 a 44 anos cumpridos no dia da proba
Máster 345 a 49 anos cumpridos no dia da proba
Máster 450 a 54 anos cumpridos no día da proba
Máster 555 a 59 anos cumpridos no dia da proba
Máster 660 a 64 anos cumpridos no dia da proba
Máster 7A partir de 65 anos cumpridos ata no dia da proba
Atletas con discapacidade*Nados/as en 2003 e anos anteriores

*Atletas con discapacidade: Establécense tres categorías para atletas con discapacidade:

  1. Atletas en cadeira de rodas que non teñan mecanismos nin engrenaxes que axuden á impulsión das mesmas. Tan só está permitido o impulso cos brazos sobre o aro adherido á roda. Non se permite handbike.
  2. Discapacidades visuais
  3. Discapacidades intelectuais.

No momento da inscrición deben comunicar esta circunstancia á organización, así como se desexan entrar na clasificación de atletas con discapacidade. No caso de non indicalo figurarán na táboa xeral de tempos.

Para acreditar a pertenza a algunha destas categorías hai que enviar copia do cartón acreditativo da discapacidade á organización, de forma que quede acreditado o envío, ao correo electrónico secretaria@atletismo.gal.

Permitirase un máximo de 2 guías para os atletas con discapacidade visual. Debe comunicarse previamente ante a Federación Galega de Atletismo o uso de guías ou, no caso de participantes con discapacidade intelectual, debe comunicárselle con antelación á Federación Galega de Atletismo, así como o punto quilométrico exacto onde se van a situar os/as guías das persoas corredoras con discapacidade visual para facer a substitución.

A participación de de as persoas guías, que irán sen chip, será gratuíta, para o que deberán contactar coa organización a través do correo electrónico secretaria@atletismo.gal.

Para optar a trofeo na categoría de atletas con discapacidade é necesario inscribirse nesa categoría.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión