Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".
Incidencias no trafico durante a celebración da XVI C10
O vindeiro domingo 24 de abril celebrarase a carreira CORUÑA POPULAR, C-10, coas seguintes alteracións no tráfico:
Ás 09.30 h. procederase ao peche do circuíto cos seguintes tramos:
Ata as 10.35 h corte TOTAL do San Andrés- rúa Alta- PASEO MARÍTIMO, tramo Curros Enriquez- Calvo Sotelo.
Ata as 10.45 h. corte TOTALde Rubine-praza Pontevedra- Juana de Veiga - Sánchez Bregua.
Ata as 11.15 h. corte TOTALda estrada do Porto e vías interiores do porto.
Ata as 11.45 h. corte PARCIALde Linares Rivas, Primo de Rivera .
Ata as 11.45 h. corte TOTALdo Cantón Pequeno - Cantón Grande- avda. da Mariña.
Estes cortes habilitan as seguintes medidas:
O desvío habitual na AC-11 Alfonso Molina, desde as 7.30 h. ás 12.15 h., conectándose Alfonso Molina con avda. do Porto de forma directa habilitándose un carril de saída pola calzada de entrada.
No Paseo Marítimo os tráficos desvíanse por Curros Enriquez e Calvo Sotelo.
ÁBRESE ao tráfico de 7.00 a 11.45 a rúa Santa Lucía.
A AC-12 avda. da Pasaxe, mantense aberta ao tráfico ata a Casa do Mar, onde se desvía o tráfico de entrada cara a Ramón y Cajal.
En todo momento mantense o carril de saída en Linares Rivas desde praza de Ourense ata o Viaduto de Alfonso Molina.
Mantense un carril de saída desde Costa da Palloza con Ramón y Cajal.
ACLARACIÓNS:
Quedan suprimidas as paradas do transporte metropolitano de praza de Ourense e Entrexardíns, manténdose Catro Camiños (de 9.30 a 11.45).
Suprímense as paradas de taxis situadas no circuíto, con especial atención aos Cantóns, Porta Real e Modesta Goicouria.
Suprímese o estacionamento en Rubine, Juana de Veiga e cruzamento Casa do Mar- estrada do porto, no resto do percorrido prohíbese desaparcar de 9.30 a 11.45 h.
Reiterar a apertura do paseo Marítimo- praias ás 10.35 h.
Entrar e saír a Monte Alto - Cidade Vella obrigatoriamente por Linares Rivas-avda. do Porto túnel Mariña/Parrote/María Pita .
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible