Concello da Coruña

Concello da Coruña

Memoria anual 2022

O servizo de bombeiros segue, un ano máis, coa súa tarefa de Servizo Público en garantir a seguridade dos cidadáns alí onde son requiridos, xa que as súas actuacións non se circunscriben só ao ámbito municipal da  Coruña, senón que tamén son requiridos por municipios limítrofes a colaborar cos seus servizos de seguridade e emerxencia, co apoio deste goberno municipal. Así se poden destacar as 6 veces que se actuou en Arteixo, 1 en Bergondo, 2 en Cambre, 1 en Culleredo e varias veces a requirimento da Xunta de Galicia para axudar na onda de incendios forestais do verán no Barco.

As tarefas que o servizo de bombeiros realiza son moi diversas e cada vez máis especializadas, sendo punteiro o noso servizo, non só en Galicia senón en España con unidades como a Prevención, onde temos a primeira ordenanza contra incendios de Galicia, ou mantendo a rede de hidrantes da cidade operativa, nun traballo permanente de mellora continua; Traballos estes que non ven, pero que sen eles, cando cheguen as  intervencións, veríanse mermadas e difíciles de controlar.

Quero felicitar especialmente o labor que desempeñaron todos e cada un dos membros do colectivo, xa que redobraron os seus esforzos nas súas tarefas habituais, seguindo uns protocolos moi estritos tanto no traballo de parque, como nas intervencións.

Neste ano 2022, no que xa se vai camiñando como un ano de normalidade, o servizo de bombeiros realizou un ano mais, (nese ámbito tan importante como é o da prevención), a Semana da Prevención, de novo presencial, -adaptándose ás novas esixencias que a situación foi obrigando-, nunha cita na que recuperamos cifras de asistencia próximas ás do ano 2019, pasando de 17 actuacións a 34.

Como sempre o grupo de rescate acuático prepárase durante todo o ano, para chegar no menor tempo posible en calquera lugar do noso litoral para axudar a quen o necesite. Tamén co seu labor de prevención nas alertas por temporal, vixiando as nosas costas. 

Nesta memoria do ano 2022 alcanzáronse as 1.923 intervencións fronte a las 1.721 do ano 2021, volvendo a niveis do ano 2019, como o xustifican os datos. Non só é importante o número de intervencións, que dá un reflexo do esforzo dos nosos bombeiros, senón que ademais téntase facer un traballo con calidade, chegando pronto aos sinistros cunha media do 88,33 %, (mellorando os datos do ano anterior que eran dun 80,94%), en chegar ao sinistro en menos de 12 minutos, desde que se recibe a chamada ata estar non lugar do sinistro, e en menos de 5 minutos nun 19,95 % , tamén mellorando o 15,25% do ano pasado. Iso amosa o compromiso por un traballo pola calidade e a mellora continua coa que está comprometido o concello e o servizo de Bombeiros.

Tamén é importante o que se tarda en solucionar o problema ao cidadán, e así, en menos de 30 minutos, solucionáronse 563 intervencións, a gran maioría delas Urxentes, continuando na media dos últimos anos.

Pero se todo o devandito é importante e destaca o seu labor, non menos importante é o labor que realizan en prevención, superando as cifras do ano 2019 e dedicando un total de 4.355 horas fronte ás

3.370 do año 2019. En reténs de seguridade no ano 2022 realizáronse 121 reténs, por 43 no ano 2020, ou 125 no 2019. Tamén nos informes técnicos, que foron 103 no ano 2022, dedicándo 618 horas, fronte aos 86 informes do ano 2021, con 516 horas. Non tivemos unha cifra tan elevada desde o ano 2018. 

O Concello segue apostando por este servizo e así un ano máis superará o millón de euros en investimentos e 400.000 en mantementos e gastos propios do servizo, tendo como obxectivo seguir sendo un dos mellores parques de Galicia, e no que atinxe ás cidades da nosa categoría, en toda España. Con estes datos, pódese dicir que o ano 2022 foi un ano que seguíu a ser especial para o Servizo de Bombeiros, que se adapta perfectamente ás circunstancias que nos toca vivir.

Quero terminar agradecendo o demostrado compromiso e vocación de todos os compoñentes do seu persoal. Con isto sei que podo trasladar en nome da cidade da Coruña o noso maior agradecemento ó Servizo de Bombeiros e o noso total apoio polo labor que realiza.

Juan Ignacio Borrego Vázquez

Concelleiro de Relacións Institucionais, Turismo e Seguridade Cidadá

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión