O Servizo de Voluntariado das Bibliotecas Municipais da Coruña é un conxunto de actividades de interese xeral e carácter solidario desenvolto por persoas de forma libre e sen contraprestación económica.
O noso programa de voluntariado ten por obxectivo canalizar e concretar o espírito solidario da cidadanía dando forma a accións específicas no campo de actuación das bibliotecas públicas: promoción do acceso á cultura e á educación, integración cultural de todas as persoas ou a participación na vida cultural da comunidade.
Como me fago persoa voluntaria?
Actualmente a inscrición de novas persoas voluntarias está suspendida de forma temporal ata setembro (2022). Sodes moita xente desexando colaborar e iso encántanos, pero ao mesmo tempo obríganos a ter que poñer prazos.
En canto reabramos a listaxe, poderás inscribirte nun formulario e canto antes concertaremos unha entrevista para coñecer os teus intereses, experiencia e dispoñibilidade. Deste xeito poderemos axustar as túas inquietudes a algún dos proxectos que veñen desenvolvéndose nas bibliotecas nos que poderías colaborar.
Requisitos
Coñece ás persoas voluntarias
Na sección Retratos comprometidos: o voluntariado, podes ler entrevistas a cada unha das persoas voluntarias que pasan ou pasaron polas Bibliotecas. Non as perdas!
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible