Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Alcaldía

Preguntas frecuentes

Estas son as preguntas máis frecuentes. Ponte en contacto connosco se necesitas máis información sobre algo ou podes visitarnos en calquera das nosas bibliotecas.

Necesito o carné para ir ás bibliotecas?

Non, só necesitas o carné para levares material en préstamo ou utilizar un ordenador de acceso público, unha videoconsola ou o visionado. O resto de servizos e actividades non o requiren.

Canto me custa facer o carné ou asistir a unha actividade?

O carné é completamente gratuíto, non necesitas nin fotografía.

Todas as actividades e programas das bibliotecas son completamente gratuítas. O único que debes facer é inscribirte (presencialmente, teléfono, web) cando así se requira.

Cal é a idade mínima para facer o carné?

Desde o primeiro minuto de vida podes facer socio/a a un/unha bebé coa autorización paterna correspondente. A dita autorización esíxese para todos/as os/as menores de 14 anos.

Cantas cousas podo levar en préstamo?

Podes levar un total de 10 materiais por carné durante 30 días.

Podo ter máis tempo as cousas que levei en préstamo?

Si, salvo que outra persoa o reservase. Podes solicitar, de forma presencial, telefónica ou a través da web, a prórroga do material durante outros 10 días (desde 7 días antes de que venza o préstamo). As prórrogas non se aplicarán aos CD nin aos materiais audiovisuais de ficción nin ás revistas.

Quero ler un libro pero está prestado

Non hai problema, só tes que llo pedir ao teu bibliotecario ou á túa bibliotecaria que cho reserve e avisarémoste por correo electrónico ou telefonicamente cando estea dispoñible.

O material que me interesa non o ten a biblioteca

Entón deberías facer unha suxestión de compra para que a biblioteca a valore.

Interésame moito saber cousas da miña cidade

Tes á túa disposición a Biblioteca Municipal de Estudos Locais con fondos e programas especializados na Coruña. Contacta connosco se queres saber máis sobre a cidade.

Teño Internet nas bibliotecas?

Por suposto, tes:

  • rede wifi completamente libre, gratuíta e ilimitada en todas as bibliotecas municipais
  • ordenadores con conexión a Internet e aplicacións ofimáticas de acceso regulado durante polo menos unha hora ao día. Nalgunhas bibliotecas o acceso a estes ordenadores non ten límite de tempo (consulta a ligazón se queres saber cales son).

Podo estudar nas bibliotecas municipais?

Podes, pero non cho recomendamos; as bibliotecas municipais son centros vivos con multitude de eventos, programas e actividades que poden incomodar un ambiente de estudo.

O problema é que non teño nin idea de informática ou ordenadores

Pois está atento/a á programación de cursos de Internet, ofimática ou web 2.0 que impartimos cada ano.

Podo levar o meu bebé á biblioteca?

Por suposto, as nosas bibliotecas contan con espazos, fondos e programas especialmente pensados para bebés.

Que debo saber sobre as inscricións?

Consulta toda a información relativa ás inscricións

Busca no catálogo

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar

Se o prefires, podes realizar a túa procura combinando distintos criterios. Só tes que acceder á procura avanzada

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión