Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".
O programa Préstamo a domicilio facilita que as persoas socias poidan solicitar e recibir na súa casa os materiais bibliográficos dispoñibles na colección das bibliotecas municipais (libros, videos, música)
Cal é o perfil das persoas usuarias ás que vai dirixido?
Persoas con mobilidade reducida temporal ou permanentemente
Persoas enfermas ou que non se poidan desprazar á biblioteca por ter persoas ao seu cargo.
As condicións de uso son as mesmas que para o préstamo individual. As encargadas de levar e traer os materiais son as persoas voluntarias.
Como solicitar os materiais
Se tes o carné das bibliotecas: chama á túa biblioteca e solicita os materiais do teu interese. Podes, se o prefires, pedirnos recomendacións e farémolas con gusto. Despois disto, a biblioteca ou a persoa voluntaria acordarán contigo o día e a hora para a entrega e devolución dos materiais.
Se non tes o carné das bibliotecas podes optar:
Por proporcionarnos por teléfono os teus datos, para que a persoa voluntaria che entregue os materiais canda un impreso de solicitude de carné que deberás asinar;
a persoa voluntaria fará a xestión levando o documento de solicitude de socio/a á túa casa para que o cubras, o asines e o deposites na bolsa no momento de devolución dos materiais.
Entrega e recollida dos materiais prestados:
As persoas voluntarias recollerán na biblioteca os documentos solicitados, que irán nunha bolsa pechada, e levaranchos á casa.
Deixará a bolsa na porta para que non exista ningún tipo de contacto. O mesmo sucerá na recollida.
A voluntaria recollerá os documentos na porta do domicilio na mesma bolsa e devolveraos á biblioteca.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible