Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".
As bibliotecas temos a misión de contribuír a reducir a desigualdade proporcionando espazos cívicos seguros e abertos a todas as persoas. Sendo así un medio de apoio para os grupos en risco de vulnerabilidade que teñen dificultades para acceder á información, ao coñecemento e á asistencia en todos os lugares.
Xerais
Dar a coñecer a Biblioteca como lugar de integración social.
Integrar os distintos colectivos na sociedade como persoas con deberes e dereitos básicos recoñecidos e garantidos por determinados servizos públicos.
Dar acceso á información como un dereito fundamental para a integración social, cultural e económica de todas as persoas.
Contribuir á mellora da igualdade de oportunidades das persoas máis vulnerables.
Converter a biblioteca nun espazo seguro máis da súa vida.
Específicos
Informar e concienciar á cidadanía en xeral sobre a realidade social próxima, a situación das persoas con Diversidade Funcional e as posibilidades dunha convivencia e interrelación activa.
Xerar actitudes e comportamentos prosociais en favor da inclusión social das persoas con diversidade funcional a través de normalizar a súa participación e inclusión na programación da biblioteca.
Crear axentes activos de cambio social a través da participación conxunta en actividades e talleres sobre diferentes temáticas. (Posibilidade de participar conxuntamente coas persoas participantes nunha fase posterior á fase piloto).
Sensibilizar á poboación en xeral das posibilidades e capacidades de todas as persoas, e a necesidade de proporcionar as mesmas oportunidades dándolle visibilidade a todas as persoas: con e sen afectación.
Ofrecer un programa de actividades específico e adaptado ás capacidades e necesidades das persoas con diversidade funcional.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible