Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Alcaldía

BiblioTECH

Tipo de actividade:

Obradoiros / charlas

A quen vai dirixido?:

Público infantil, xuvenil e/ou adulto

Enderezo:

Rúa Durán Loriga 10, Bj. 15003 A Coruña

O Programa BiblioTECH ofrece obradoiros tecnolóxicos para mentes curiosas e creativas ao redor de disciplinas STEM (ciencia, tecnoloxía, matemáticas, enxeñaría etc).

En que consiste BiblioTECH?

BiblioTECH é un programa formado por unha serie de accións informativas, formativas e eminentemente prácticas que se desenvolven na Biblioteca Durán Loriga e que se centran no uso creativo, crítico e seguro das TIC para alcanzar obxectivos relacionados co traballo e a empregabilidade, a aprendizaxe continua, o uso do tempo libre e/ou a inclusión e participación cidadá.

O seu formato adoita ser o de obradoiros ou xornadas divulgativas e vai acompañado dunha colección bibliográfica adecuada e a participación de axentes e especialistas locais, que che axudarán a achegarte ás disciplinas STEM (ciencia, tecnoloxía, enxeñería e matemáticas), a robótica ou a programación mediante o uso de tecnoloxía libre e en código aberto.

Programación 2022

Este ano o Programa BiblioTECH continúa ofrecendo obradoiros tecnolóxicos para mentes curiosas e creativas arredor de disciplinas STEM (ciencia, tecnoloxía, matemáticas, enxeñería etc).

Con estas actividades aprenderemos e divertirémonos coa xeolocalización, aplicaremos a Realidade Aumentada a proxectos persoais, gozaremos dun campus de verán sobre impresión 3D, converterémonos en magníficos Youtubers e finalizaremos o ano programando xogos tipo Arcade, moi vintage para terminar participando no International Games Week at Your Library (evento que reúne arredor do xogo a bibliotecas de todo o mundo).

Como participar

  • Algunhas actividades requiren inscrición previa (7 días antes do inicio da propia actividade) e outras son de entrada libre ata completar a capacidade.

Onde e cando

As accións teñen lugar na Biblioteca Durán Loriga ao longo de todo o ano.

Nos meses de febreiro (Día da muller e as nenas nas ciencias) e abril (Día internacional das nenas nas Tics) prográmanse accións centradas nas mulleres e a súa necesaria visibilización nestas áreas.

Para ter en conta

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co único obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión