Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Alcaldía

O Pensadoiro - Café filosófico

Tipo de actividade:

Clubs

A quen vai dirixido?:

Persoas adultas

Require inscrición

De outubro a maio. Quincenal

En que consiste O Pensadoiro - Café filosófico?

O Pensadoiro pretende ser un espazo de encontro para persoas ás que lles gusta dialogar e debater ideas do mundo que nos arrodea. Nel propoñémonos retomar a vertente práctica e comunitaria da filosofía, baseada no exercicio activo e en común da capacidade racional que todos temos.

A partir de distintos materiais (textos filosóficos, literarios etc), que nos servirán de eixe temático, e ao longo dunha serie de sesións, iniciaremos un diálogo aberto que non necesariamente ten que conducirnos a respostas concluíntes e definitivas senón, máis ben, como corresponde á verdadeira actitude filosófica, a abrir novos interrogantes e descubrir puntos de vista alternativos aos nosos.

Para participar non é necesario ter coñecementos previos de filosofía, tan só espírito crítico e ganas de cuestionarse as cousas.

Como participar?

  • Consulta na Biblioteca de Os Rosales se quedan prazas dispoñibles.

Onde e cando

Biblioteca Modalidade Día Hora Periodicidade Prazas
Biblioteca Os Rosales Grupo 1 presencial Mércores 18.30 h Quincenal 10
Grupo 2 presencial Mércores alternos 18.30 h Quincenal 10
Grupo virtual Xoves 11.00 h Quincenal 14

MEDIDAS COVID

  • Uso obrigatorio de máscara para todas as persoas
  • Uso obrigatorio de xel hidroalcohólico antes de entrar á biblioteca
  • Mantemento da distancia de seguridade entre persoas ou grupos de persoas que acceden xuntas
  • Declaración responsable. Todas as persoas que asistan ás actividades deberán asinar unha declaración onde manifesten que non presentan ningún síntoma compatible coa COVID-19 e no caso de presentalos comprométense a non asistir. O documento será facilitado polo persoal bibliotecario antes de cada actividade para a súa sinatura.

Para ter en conta

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co único obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión