Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Alcaldía

Clubs de lectura

Tipo de actividade:

Clubs

A quen vai dirixido?:

Xuvenil / persoas adultas

Require inscrición

De outubro a maio. Semanal

En que consisten os club de lectura?

Os clubs de lectura presenciais son grupos de persoas que se reúnen periodicamente para comentar e valorar os libros que as bibliotecas lles proporcionan coa axuda dunha persoa coordinadora.

Non tes que ser un experto lector: os clubs están pensados para persoas con inquietudes culturais, ganas de ler, facer amigos e intercambiar opinións con outras persoas. En realidade, o libro é só o punto de partida.

De luns a sábado, de mañá ou de tarde, seguro que hai un club para ti.

Como participar

  • As prazas adxudícanse por rigorosa orde de inscrición

Onde e cando

Ademais dos dous clubs de lectura específicos para un público determinado (o club de lectura infantil Miúdo e os jueveniles #ElClú e #LaTribu), e dos outros tres de temáticas ou xéneros específicos (o de cómic , o feminista Ou cuarto propio e o club LGTB QUEERuña) estes son os doce clubs de temática xeral que che ofrecemos:

Día da semanaHorarioPúblicoPrazasBiblioteca
LunsMañáAdulto20Biblioteca Fórum Metropolitano
LunsMañáAdulto14Biblioteca Sagrada Familia
LunsTardeAdulto14Biblioteca Os Rosales
LunsTardeAdulto15Biblioteca Ágora
MartesTardeAdulto12Biblioteca Ágora
MartesTardeAdulto20Biblioteca Ágora Virtual
MartesTardeAdulto14Biblioteca Os Rosales
MartesMañáAdulto20Biblioteca Fórum Metropolitano
Martes18.00hAdulto20Biblioteca Monte Alto
Mércores18.00hAdulto20Biblioteca Castrillón
MércoresTardeAdulto20Biblioteca Fórum Metropolitano
MércoresMañáAdulto14Biblioteca Durán Loriga
MércoresMañáAdulto15Biblioteca Castrillón
Sábados11.00hAdulto12Punto bibliotecario de Mesoiro

Infórmate sobre...

Dosieres literarios

Para ter en conta

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co único obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión