Cursos e formación, Talleres
Persoas adultas, Asociacións, Docente/Centro escolar, Familias
Persoas adultas e público familiar
04/02/2023
Xa rematou
Non require inscrición
de 11.30 a 13.30 horas
Biblioteca Municipal Durán Loriga. Rúa Durán Loriga 10, Bj. 15003 A Coruña
981184388
Un taller teórico-práctico da man dun bombeiro experimentado
Un taller no que poderán participar familias e toda persoa adulta interesada nas técnicas de primeiros auxilios de RCP (reanimación cardiopulmonar), que nunca está de máis coñecer.
Da man dun profesional da seguridade, un bombeiro, poderemos coñecer de primeira man as técnicas básicas e poñelas en práctica.
A reanimación cardiopulmonar ou RCP é un procedemento de salvamento que se realiza cando nos atopamos cunha vítima en parada cardiorrespiratoria. A formación en RCP básica para a poboación é unha das medidas que demostraron ser máis efectivas para aumentar a supervivencia ante unha parada cardíaca, xa que o 80% delas prodúcense fóra do ámbito hospitalario.
Esperámosvos!
Tamén che pode interesar
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co único obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible