Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Alcaldía

Representación de "Mi querida Vitola"

Por tipo de actividade:

Outras actividades

Por tipo de público:

Persoas adultas

Cando:

24/11/2022

Xa rematou

Horario:

de 19.30 a 20.30 horas

Enderezo:

Biblioteca Municipal Sagrada Familia. Rúa Antonio Pereira 1, Bj. 15007 A Coruña

Contacto:

Representación teatral do club de teatro da biblioteca Sagrada Familia

O club de teatro da biblioteca municipal Sagrada Familia obrece esta dramatización arredor da figura de María Casares, estruturada en tres partes:

  1. A Vitola pequena, que con 9, 12 anos, escribe ás súas amizades da Coruña.
  2. A correspondencia entre María Casares e o seu pai Santiago Casares, recollidas no libro Cartas no exilio. María escribe desde Italia e Niza, onde está rodando varias películas, entre os anos 1946 e 1949, ao seu pai que está en París.
  3. Unha entrevista radiofónica ficticia á María Casares dos últimos anos, feita a través de retrincos doutras entrevistas reais.

A través deste espectáculo coñeceremos non só algúns feitos da vida de María Casares, senón tamén a súa personalidade, as súas relacións e a súa actitude ante o exilio e ante Galiza.

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co único obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión