Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Alcaldía

Presentación do libro "Movendo os marcos do patriarcado: o pensamento feminista de Emilia Pardo Bazán"

Por tipo de actividade:

Encontros e presentacións

Por tipo de público:

Persoas adultas

Cando:

19/10/2021

Este evento xa rematou

Inscricións:

Entrada libre ata completar a capacidade.

Horario:

De 19.00 a 20.30 horas.

Enderezo:

Biblioteca Municipal Ágora. Lugar Gramela 17. 15011 A Coruña

Hashtag:

#EPB100

Contacto:

bagora@coruna.gal

918 189 886

Marilar Aleixandre e María López Sánchez presentan a súa obra "Movendo os marcos do patriarcado: o pensamento feminista de Emilia Pardo Bazán"

No marco da celebración dos actos do Concello da Coruña polo centenario do pasamento de Emilia Pardo Bazán, terá lugar na sala de adultos da Biblioteca Ágora a presentación do libro "Movendo os marcos do patriarcado: o pensamento feminista de Emilia Pardo Bazánde Marilar Aleixandre e María López Sández, editado neste 2021 pola Editorial Galaxia na súa colección Feminismos.

Sinopse (Ed. Galaxia): As ideas de Emilia Pardo Bazán contribuíron a mover os marcos do patriarcado. Para alén de denunciar a violencia contra as mulleres, a física, dando nome aos mullericidios, e a simbólica; de criticar a asimetría nos xuízos a mulleres e homes; de esixir a fin das discriminacións que impedían ás mulleres estudar e exercer traballos remunerados, identificou algunhas das bases ideolóxicas que sustentan estas discriminacións e violencias, algúns dos mecanismos polos que se exercen, o que hoxe chamamos patriarcado. Exemplos son a doutrina que supón diferenzas naturais, intelectuais e mesmo morais entre mulleres e homes; a negación ás mulleres dos dereitos chamados "universais" asignándolles un destino relativo ao dos varóns e a familia; a crenza en que os homes son donos da vida e morte das mulleres.

Coa súa vida e a súa obra, Emilia Pardo Bazán afirmou o dereito das mulleres a seguir "o seu propio destino", ao pracer, a tomar a pluma e reivindicar as mulleres "até a última gota de tinta".

Sobre as autoras

Marilar Aleixandre (Madrid, 1947)

Feminista, narradora, poeta, tradutora e membro da Real Academia Galega desde o ano 2017. Dona dunha das voces máis singulares das nosas letras, recibiu os máis importantes premios da literatura galega. Desenvolveu un extenso labor académico na Universidade de Santiago de Compostela (USC), centrando a súa investigación na argumentación e no pensamento crítico. Editorial Galaxia publicou o libro Mudanzas e outros velenos (2017), que reúne parte da súa obra poética; na colección Costa Oeste Alí Babá, Morxiana e os corenta usureiros (2017) e A filla do minotauro (2018), Premio Raíña Lupa; e na colección Literaria, A Compañía Clandestina de Contrapublicidade (1998), Premio Álvaro Cunqueiro, e As malas mulleres (2021), Premio Blanco Amor.

María López Sández (Lugo, 1973)

Doutora en Teoría da Literatura Comparada pola Universidade de Santiago de Compostela (USC). Exerce a docencia no ensino secundario e como profesora asociada de Didáctica da Lingua e a Literatura na Facultade de Ciencias da Educación da USC. En 2007 foi galardoada co Premio Ramón Piñeiro de ensaio pola súa obra Paisaxe e nación: a creación discursiva do territorio e, en 2012, co Premio Repsol de Narrativa Breve por A forma das nubes, ambos libros publicados por Editorial Galaxia, xunto con O faro escuro (2015), A noite da deusa (2020) e Illados. Diario da pandemia (2020).

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co único obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión