Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Alcaldía

Presentación da novela "Lidia o Victoria" de Luis Manuel Gurriarán

Por tipo de actividade:

Encontros e presentacións

Por tipo de público:

Persoas adultas, Xuvenil

Cando:

15/12/2021

Este evento xa rematou

Inscricións:

Acceso libre ata completar capacidade.

Horario:

De 19.30 h. a 20.30 h.

Enderezo:

Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Sala Marilyn Monroe

Contacto:

bforum@coruna.gal

Tel.: 981 184 298

Nova presentación, nesta ocasión no cine do Fórum Metropolitano

O próximo mércores 15 de decembro, no Fórum Metropolitano, temos a presentación do libro "¿Lidia o Vitoria?" de Luis M. Gurriarán publicado por Punto Rojo Libros.

Luis M. Gurriarán Rodríguez:

O Barco de Valdeorras (Ourense) 1948. Aos seus máis de 72 anos segue pensando que é aprendiz de todo e mestre de nada. A súa vida profesional transcorreu en postos de responsabilidade e como empresario de varias sociedades relacionadas co turismo e a hostalaría. Colaborou profesionalmente á apertura actual da Residencia de Estudantes de Madrid. Foi Presidente da Asociación Provincial de Hoteis e Directivo da Confederación de Empresarios, Cámara de Comercio e ATUDEM. Actualmente xubilado é Vicepresidente da Fundación FONTE, sen ánimo de lucro, de axuda a novos emprendedores.

Defensor sen concesións dos Deberes e Dereitos das persoas e da Liberdade, segue estudando e participa en aulas, talleres e foros de discusión.

Tras a súa Novela Histórica"La Ruta de las Estrellas", unha guía de viaxe "Rutas por Galicia" e "La verdadera Historia de la Puta Mili", agora pon a disposición do lector a novela "¿Lidia o Vitoria?".

Sinopse:

Lidia é unha muller que tras unha serie de vivencias normais de adolescencia e mocidade deixa os seus estudos para casar, traslada o seu lugar de residencia por esixencia laboral do seu marido e pasa dunha etapa de felicidade absoluta coa súa parella aos malos tratos. Nunca renuncia a refacer a súa vida.

Entre unha serie de casuais e estrañas circunstancias cambia de nome, de identidade, de cidade, de relacións e costumes, aínda que sempre hai algo que lle fai volver sobre o seu pasado.

A maior parte da trama distribúese especialmente entre Madrid, Las Palmas e París.

A través da novela discorre a vida de maltratada e maltratador narradas en primeira persoa cara a un desenlace sorprendente.

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co único obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión