Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Alcaldía

Obradoiro de Samaín: A noite de Beltane

Por tipo de actividade:

Talleres

Por tipo de público:

Infantil

Cando:

27/10/2022

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 20/10/2022 ata o 27/10/2022

Require inscrición

Horario:

Das 18.00 h ás 19.30 h

Enderezo:

Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Requisitos:

Para crianzas de 6 a 10 anos

Contacto:

bforum@coruna.gal

Tel.: 981 184 298

Volve o samaín á Biblioteca Fórum

A noite de Beltane, obradoiro de Samaín para crianzas de 6 a 10 anos, o próximo xoves 27 de outubro ás 18.00 h na Biblioteca Fórum Metropolitano.

Ven pasar connosco unha divertida tarde de Samaín. Falaremos de fragas inimaxinables, personaxes lendarias, monstros descoñecidos, lugares irrepetibles.... e, por se isto fose pouco, rescataremos do esquecemento os xogos tradicionais que nos farán estar máis preto da nosa terra e a nosa cultura.

No obradoiro traballaremos cos xogos tradicionais recollidos no libro Tastarabás de Antón Cortizas e coas estacións e as personaxes do Dicionario dos seres míticos galegos de Antonio Reigosa.

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co único obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión