Encontros e presentacións
Para público en xeral
06/02/2023
Xa rematou
Acceso libre ata completar capacidade.
De 19.00 h. a 20.00 h.
Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
Tel.: 981 184 298
#LunsDeEncontros nace co obxectivo de ofrecer un espazo cultural aberto á cidadanía, cedendo un lugar para o desenvolvemento de actividades de promoción lectora, formación e aprendizaxe.
O luns 6 de febreiro ás 19 h., Rubén Pedreira presentará o seu libro "Zona de habitabilidad", publicado por VientoNorte Editorial, na Biblioteca Fórum Metropolitano.
Sinopse:
"Zona de habitabilidad" é a historia dun mozo galego que chega a Canarias na procura dun cambio de contorna que lle permita á súa cabeza evadirse dos seus problemas máis recorrentes. Entre eles destacan a ansiedade crónica que o acompaña desde hai anos e a sensación de que, tras terminar a súa formación universitaria, o seu presente non se parece en nada ao futuro que imaxinou ao empezar a súa carreira. As illas recíbeno cun emprego sen moito futuro, un compañeiro de piso cunha preocupante tendencia a xerar situacións surrealistas e a fiel amizade de Héctor, ao que coñece na súa nova oficina e que será clave para integralo na súa nova cidade, xa que o introduce no seu heteroxéneo círculo social. Na súa nova vida vai adquirindo unha familiaridade cada vez maior co novo contexto, mais pese a todo é incapaz de eliminar do seu interior todo aquilo que o levou ata alí. Non tardará moito en facerse unha pregunta demasiado incómoda: «Por que, se o cambiei case todo, son incapaz de cambiar o que me destrúe por dentro?».
Tamén che pode interesar
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co único obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible