Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Alcaldía

Libros, cámara...acción: verás que verán

Por tipo de público:

Infantil, Familias

Cando:

Dende o 22/07/2022 ata o 31/08/2022

Xa rematou

Horario:

De luns a venres: de 9 a 20.30h (os luns pechamos de 14 a 16h)

Sábados: de 10 a 14h

Enderezo:

Biblioteca Municipal Os Rosales. Praza Elíptica 1, 1º. 15011 A Coruña

Contacto:

brosales@coruna.gal

Tel.: 981 184 389

Gustaríache recomendar libros como un booktuber ou bookstagrammer, contaxiando a túa paixón pola lectura?

Durante este verán na Biblioteca Os Rosales terás a túa disposición un set de gravación con todo o necesario para vivir esta experiencia e recomendar os teus libros favoritos.

Como o faremos?

  1. Selecciona a lectura que queres recomendar
  2. Pensa os motivos polos cales decidiches compartilo
  3. Tes a túa disposición un espazo preparado que inclúe aro de luz e tablet para gravar
  4. Goza do momento: libros, cámara...acción!

Os vídeos gravados proxectarémolos na sala infantil en pantalla grande. Podes optar por vivir a experiencia de forma individual ou en compañía de amigos ou familia.

Lembra, se es menor de idade, para poder proxectar o teu vídeo precisamos a autorización dunha persoa adulta, achégate ao mostrador e pídenos o formulario.

Tamén che pode interesar

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co único obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión