Visita el álbum de fotos de esta actividad
Programas de colaboración con centros escolares
Dirixido a alumnado de 4º a 6º de Educación Infantil e de 1º a 6º de Educación Primaria de centros educativos do municipio.
Require inscrición. Prazo de solicitude xeral: do 15 de outubro ao 15 de novembro.
De xaneiro a maio
En que consisten as visitas escolares
Visitas dirixidas ao segundo ciclo de Educación Infantil e a todos os niveis de Educación Primaria.
Contidos das visitas
Tanto no ciclo de Educación Infantil como en cada un dos tres ciclos de Educación Primaria os contidos que se abordarán serán os seguintes:
a) A ficción nas súas diferentes formas de gozala (lectura, narración, declamación, observación...) e xéneros (contos tradicionais, de autor/a, álbums, poesía...)
b) A ilustración como recurso informativo, interpretativo e que proporciona experiencias sensoriais e estéticas.
c) Os libros e recursos informativos como recurso básico para desenvolver o desexo de aprender, ampliar intereses, comprender a organización, estrutura e presentación da información: temas, organización dos textos, procuras...
Duración das visitas
Como norma xeral a duración estimada das visitas non excederá as 2 horas. En función da visita adxudicada comunicarase a duración exacta.
Centros onde se oferta
As Bibliotecas Municipais que acollerán visitas escolares son:
Biblioteca Ágora (máximo 25 visitas)
Biblioteca Castrillón (máximo 30 visitas)
Biblioteca Fórum Metropolitano (máximo 15 visitas)
Biblioteca Municipal Durán Loriga (máximo 20 visitas)
Biblioteca Monte Alto (máximo 20 visitas)
Biblioteca Os Rosales (máximo 32 visitas)
Biblioteca Sagrada Familia (máximo 20 visitas)
Condicións do programa
A oferta anual destas visitas realízase a través do programa Coruña Educa que xestiona o Servizo Municipal de Educación. Cada mes de setembro publícase a convocatoria e ábrese o prazo para que os centros poidan realizar as solicitudes para o curso escolar vixente. Solicita unha visita desde a páxina do Plan Coruña Educa: Estas son as fichas de inscrición que continúan abertas |
Outras actividades para centros escolares
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co único obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible