Visita o álbum de fotos desta biblioteca
981 189 887
Como chegar
Localiza a biblioteca no mapa da cidade e visítanos! Se vas facelo en medios de transporte públicos ou en bicicleta esta información serache útil:
Liñas de bus urbano
Estacións de bicicletas
Que me ofrece esta biblioteca
Nesta biblioteca, como nas outras sete, atoparás bibliotecarios e bibliotecarias dispostos a axudarche no que necesites.
Cada persoa ten o seu espazo na biblio: hai zonas especialmente pensadas e deseñadas para bebés, nenos e nenas, novas e persoas adultas.
Dispón de múltiples materiais para levarche en préstamo, música e cinema, computadores de acceso público, conexión wifi, aulas para traballos en grupo ou para o autoaprendizaje, consolas e videoxogos...
Busca e descobre todas as actividades e cursos que che ofrece esta biblioteca e as demais da Rede
Máis información
A Biblioteca Municipal Ágora, inaugurada en 2012, é a de maior tamaño de todas as que forman a Rede de Bibliotecas Municipais da Coruña xa que supera os 1700 metros cadrados.
Situada xeograficamente á beira do histórico Barrio de Mariñeiros, dá servizo a unha ampla zona xeográfica, un importante volume de poboación que supera os 20.000 habitantes (San Pedro de Visma, parte de Labañou, Mariñeiros, Peruleiro, Agra do Orzán, Ventorrillo, A Silva e Cances).
A Biblioteca atópase dentro do Centro Ágora, un equipamento municipal integrado e cunha variada programación dirixida a todo tipo de públicos.
A biblioteca actúa como un equipamento sociocultural de proximidade, dando servizo e atención ao conxunto dos veciños da súa zona de influencia.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible