Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Alcaldía

Lemos para ti

Tipo de actividade:

Otras actividades

A quen vai dirixido?:

Juvenil / Adultos

Todo o ano. Semanal

Acompañámoste a través da nosa voz con diversas lecturas!

Qué é Lemos para ti?

Co obxectivo de acompañar a través da voz e achegar lecturas á cidadanía, especialmente ás persoas non conectadas a través da Internet e/ou das redes sociais, presentamos a proposta "Lemos para ti".

"A lectura en voz alta pode ser unha actividade hospitalaria, confortante, alentadora. Fronte á lectura solitaria e illada, a lectura en voz alta é unha forma de encontro, de convocatoria. A lectura en voz alta require a presenza doutros, crea comunidade. E iso produce pracer...". (Juan Mata, presidente de Entrelibros)

Cómo participar

  • Os podcast están disponibles nas nosas canles de Ivoox ou de Spotify, que se actualizará con dous podcast semanais que iremos compartindo tamén noutras redes sociais.

Onde e cando

Semanalmente compartiremos en audio lecturas en voz alta de diversos fragmentos de obras de distintos xéneros, desde novela e relato breve ata poesía. Aquelas persoas familiarizadas coas redes sociais tamén podedes gozar das lecturas nas nosas canles de Ivoox ou de Spotify.

Especiais temáticos

Infórmate sobre...

  • Club de lectura en galego: Lendo devagar

    Cando:

    Dende o 17/01/2022 ata o 23/05/2022

    Quincenal

    Inscricións:

    Dende o 10/01/2022 ata o 17/01/2022

    Require inscrición, prazas limitadas. Estamos tendo problemas coa ligazón para a inscrición a través da web. Se estás interesada podes chamar ao teléfono 981 184 298 ou escribirnos ao correo a bforum@coruna.gal. Anímate a participar!

    Horario:

    De 19.00 h a 20.00 h

    Enderezo:

    Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Escoita o que lemos para ti:

Para ter en conta

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co único obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión