Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Alcaldía

Bebencontros

Tipo de actividade:

Bebeteca

A quen vai dirixido?:

Bebés 0 a 24 meses / Familias

Require inscrición

De outubro a maio. Semanal

En que consisten os bebencontros?

Sesións dirixidas a familias con bebés entre 0 e 24 meses. Nelas móstrase aos pais e nais que facer cos libros, as historias, as cancións, os contos... nestas primeiras idades.

Nestas reunións de pais, nais, bibliotecarios e bebés escoitan, miran e manipulan libros, apréndense cancións, explórase e experiméntase.

Quero ver o calendario anual de sesións

Actualmente as sesións están paradas debido á situación sanitaria derivada da crise pola Covid-19. Agardamos poder retomalas canto antes.

Como participar

  • Para poder participar nos bebencontros requírese unha inscrición previa.
  • O prazo de inscrición ábrese unha semana antes da actividade ás 10.00 horas.
  • As prazas adxudicaranse por rigorosa orde de inscrición

Onde e cando

Actualmente as sesións están paradas debido á situación sanitaria derivada da crise pola Covid-19. Agardamos poder retomalas canto antes.

Habitualmente, os horarios serían os seguintes:

Biblioteca 0 a 12 meses 6 a 24 meses 13 a 24 meses 0 a 24 meses Prazas Frecuencia
Biblioteca Ágora sábados 11h 12 Mensual
Biblioteca Fórum Metropolitano sábados 18h sábados 18h 6 Mensual
Biblioteca Durán Loriga*
Biblioteca Os Rosales sábados 11.30h 15 Mensual

*Sen sesións ata novo aviso

Moi importante

Ao finalizar a actividade non esquezas seleccionar co teu fillo/a algúns libros para levar a casa. A lectura compartida en familia, día tras día, brindaravos unha excelente oportunidade para fortalecer a vosa relación e enriquecer a comunicación familiar. Fai da lectura compartida un membro máis da túa familia.

Aproveita as suxestións e recomendacións que che facemos. Resultarache máis doado seleccionar materiais adecuados para unha determinada idade ou sobre un tema concreto e non dubides en pedir toda a axuda que necesites ao persoal bibliotecario.

Últimas entradas no blog

Para ter en conta

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co único obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión